Encontros de centros para unha convivencia en postivo

O pasado xoves e venres, 28 e 29 de Abril, dous profesores do centro e tres alumnas medidoras, asistimos o IV Encontros de centros para unha conviencia positiva. O centro anfitrión e organizador foi o IES Fraga do Eume.programa2

Os centros participantes de toda Galicia sumábamos un total de  18. As alumnas mediadoras que asistiron do noso centro tiveron a oportunidade de coñecer a outros alumnos que forman parte dos servizos de mediación doutros Institutos.

Unha das nosas alumnas Orleni Mateo Durán, foi entrevistada por xornalistas da Voz de Galicia para explicar o desenvolvemento dos procesos de mediación entre iguais.

Nesta galería de fotos amósase as conclusións dunha das dinámicas de interacción “open space” , na cal participamos tanto o alumnado como o profesorado.

Máis información…

 

 

A USC estivo no noso centro

IMG_3875

Como xa é unha tradición no Instituto, que alguén da Universidade de Santiago acuda ó noso centro , este ano tocou facelo o pasado venres, día 26 de Febreiro.

Enrique Macías profesor da Facultade de Farmacia e Adrián Freire, estudante de 4º de Mediciña e ex-alumo do noso centro,  foron os que se encargaron de dar a coñecer esta universiade,   ao alumnado de 2º de Bacharelato.

Ademáis de presentarlles a oferta de graos universitarios que ten a Universidade de Santiago nos dous campus, tamén lles falaron das residencias universitarias.

E como dí o refrán ” a experiencia é un grao”,  Adrián Freire deulles algúns consellos de veterano:

  • Se non queres que che fagan preguntas os profes non te sentes nas primeiras filas.
  • Os que se sentan nas últimas filas son “os garbanzos negros” no argot universitario.
  • Quedan as filas do medio, que segundo Adrián son as mellores.

No relativo ó aloxamento, aconselloulles que o primeiro ano sempre é máis recomendable estar nunha residencia universitaria, mentras non se coñece a outros estudantes. Non é agradable convivir con persoas nun piso compartido cando non hai unha boa relación e iso ten máis probabilidades de que pase cando non se coñece a xente.

Outra cuestión interesante é que se un quere acollerse a un Erasmus é necesario ter un B2 nun idioma estranxeiro e fundamentalmente o inglés. Moitos dos materiais de consulta e revistas especializadas están neste idioma e sobre todo, cando queres ver algo actualizado.

Enrique Macías tamén destacou os cambios da universidade nos últimos anos. O profesorado ten un grande compromiso para que o alumnado acade os coñecementos, que son os que lle van a garantir un axeitado desempeño profesional. Para explicar isto utilizou unha metáfora, comparando o ensino cunha compra no “Corte Inglés” na que os clientes esixen unha calidade, no producto que mercan. Para aclarar isto tamén comentou que unha boa proba disto, é que no tocante a súas materias, incrementouse a porcentaxe de aprobados.

Os representantes da CIUG no noso centro

Como xa levamos máis da metade do curso e o tempo corre para o alumnado de 2º de Bacharelato, o pasado venres , 12 de Febreiro, estiveron connosco dous relatores da Ciug ( Comisión Interuniversitaria Galega).

O contido da exposición estivo centrado nas materias, obxecto de examen das probas PAU así como a cualificación e preinscripción. Tamén nos amosaron datos estadísticos sobre a porcentaxe de alumnos que solicitan a reclamación e segunda corrección. Esta cuestión serviu para clarificarnos que a reclamación é importante cando pode haber algún erro na suma dos apartados dun mesmo exercicio de exame.

A segunda parte gardou relación co acceso á universidade, facendo fincapé no riguroso orde de solicitude de titulacións que se debe de facer no momento de preinscibirse na universidade.

Obradoiro “Seguridade nas redes”

Na recén sociedade da tecnoloxía e a comunicación virtual, son habituais certas prácticas modernas e perigosas a un tempo. A xuventude, como máximo expoñente do uso de aparatos e programas informáticos, medran alfabetizándose a través das redes sociais e das aplicacións telefónicas, accesibles, inmediatas.

A súa etapa vital non lles permite previr certas condutas que poden ter consecuencias negativas para a súa persoa. A protección nestes medios é moi difícil, debido á súa expansión e alcance, polo que sensibilizar á xuventude da necesidade dun manexo responsable e limitado é a solución a ditos riscos.

Esta xustificación serviu de acicate para que no mes de Xaneiro, os días 25-26 e 27, desenvolveuse un Obradoiro sobre seguridade nas redes.  O número de sesións impartidas foron tres e leváronse a cabo nas aulas de 1º e 2º de ESO. Os obxectivos que se perseguían foron:

1. Capacitar ás/ós menores para identificar os riscos nos usos das novas tecnoloxías

2. Tomar conciencia do uso do poder e da presión a través das Redes: ciberacoso

3. Traballar aspectos da intelixencia emocional que poden previr a existencia de situacións de ciberacoso: empatía, expresión de emocións, estratexias de autorregulación…

4. Promover o autocoñecemento, proporcionando elementos para apreciar e respetar a propio persoa e ás demais.

5. Descubrir recursos comunitarios onde dirixirse ou poder consultar dúbidas, curiosidades ou posibles problemas.

Seguir lendo

XORNADAS DIVULGATIVAS. ADOLESCENTES E INTERNET. NOVOS ESPAZOS DE CIBERVIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado Luns, día 23 de Novembro, doce alumnos mediadores e dúas profesoras, acudimos a Santiago a unhas xornadas sobre o ciberacoso. A divulgación dos usos axeitados da tecnoloxía, entre os adolescentes da comunidade,  é un preocupación que vai en aumento nos últimos anos. Estas xornadas etiveron organizadas pola isntitución da Valedora do Pobo. Asistimos un total de sete Institutos.

20151123_125307
Xornadas ” novos espazos de ciberviolencia de xénero”

O programas das xornadas estivo a cargo de relatores que pertencen a diferentes ámbitos profesionais. Os relatorios foron os seguintes:

  1. A Policía Nacional nas redes sociais, novas ferramentas de interacción con adolescentes
  2. Mesa redonda: o sexting como práctica de risco entre os menores

Pola tarde, as sesións de traballo consistiron en tres obradoiros, cunha exposición final das conclusións ás que se chegaron nos distintos grupos de traballo.

Obradoiro 1: Violencia e control

Obradoiro 2: Xestión da intimidade

Obradoiro 3: Prevención de ciberacoso

Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria

Charlas nas aulas de 4º ESO
Charlas nas aulas de 4º ESO

O pasado 16 de Outubro, María Blanco Suárez,  psicóloga da Asociación de Bulimia e Anorexia de A Coruña impartiu unha charla sobre a “Prevención dos Trastornos da Conduta Alimentaria” , ó alumnado de 4º de ESO.  Os desordes nos hábitos de alimentación teñen unha grande incidencia na etapa da adolescencia. A separación ou divorcio dos pais, a chegada ó Instituto cando non coñeces a ninguén… son exemplos de situacións que alteran a nosa vida e algunhas persoas presentan un desorde adaptativo que pode manifestarse nun trastorno da conducta alimentaria. Os maís coñecidos son a anorexia e a bulimia. As situacións antes citadas, desencadenan pensamentos negativos que algunhas persoas tratan de solventar , alterando os hábitos de alimentación para reducir a ansiedade.

Algunhas das consecuencias físicas que poden levar son:

  1. Pérdida de peso/desnutrición
  2. Alteración da pel, uñas e cabelo
  3. Amenorrea
  4. Anemia
  5. Insomnio, arritmia, fatiga muscular

Tamén ten conscuencias emocionais:

  1. Sentimento de soidade
  2. Culpabilidade e vergoña
  3. Tristeza
  4. Baixa autoestima
  5. Falta de confianza

Algúns dos factores para previr estos trastornos son:

  1. Apoio familiar e das persoas cercanas
  2. Saber resolver conflitos
  3. Pensamento crítico ante os medios de comunicación.

IMG_2318 IMG_2319 IMG_2321

A Vida Universitaria

O xoves 9 de abril enmarcada nos actos da Semana Intercultural tivo lugar a mesa redonda “A Vida Universitaria” a cargo de Roi Millán (diplomado en enfermería, licenciado en medicina  e actualmente estudante de MIR), Víctor Sanmartín (graduado en matemáticas e estudante no Doutoramento en Matemáticas) e Mª Isabel Borrajo (licenciada en matemáticas e actual estudante de doutoramento no Departamento de Estatística e Investigación Operativa).

Neste coloquio de carácter informal cos alumnos de segundo de bacharelato, os temas tratados foron diversos pero fíxose especial fincapé na difícil elección dun futuro académico no seo da universidade, así como o gran cambio que supón o paso da etapa de ensino medio ó ensino superior.

O ambiente distendido e a elevada participación dos estudantes favoreceu o axeitado desenrolo desta actividade permitindo responder ás principais inquedanzas dos alumnos de último ano do centro.cbc7fa5e0f4d5148854aa54489dc4c26

A vida UniversitariaA Vida Universitaria

A Vida Universitaria
A Vida Universitaria

Campamentos de verán

CAMPAMENTOS_DE_VERÁN

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración durante os meses de xullo e agosto.

PRAZO: Ata o 8 de Abril

PARTICIPANTES:Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas as mozas e mozos galegos residentes en Galicia, nacidos no ano sinalado para cada actividade. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2015, cómpre destacar:

  • ∞ As persoas nacidas no ano 1997 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
  • ∞ As persoas nacidas no ano 2006 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.

Relación de campamentos en Galicia

Enlace para cubrir a solicitude

Outros enlaces de interese

Presentación electrónica de solicitude

Orde de publicación no Diario Oficial de Galicia