Archivo de la etiqueta: Samaín

CONXUROS DE SAMAÍN 2016

Este curso temos proxecto de centro: O Humano. Por ese motivo, o certame de conxuros de Samaín convocado polo Equipo de Dinamización da Lingua galega tiñan como finalidade achegar fórmulas que servisen para humanizar o inhumano, o terrible, para reverter o efecto terrorífico de todas as forzas do mal. Os gañadores son: Pablo Castiñeiras Armada, María Rodríguez Mejuto e Javier Moya Sánchez de 2º C.

O conxuro que rompe muros

Se ves a unha persoa

á que non lle podes falar,

este gran feitizo os muros

poderá quebrar.

Primeiro nunha cousa

terás que pensar.

De pensamentos felices

a cabeza encherás.

Unha vez que o fagas

teste que relaxar;

se un está nervioso

non pode conversar.

Entón estas palabras

teraste que dicir:

“Romperei o muro

e falareille por fin”

E, de súpeto, maxia!

Rompeuse o muro!

Ese muro que é tan duro;

ese muro que xa non aturo.

Pablo Castiñeiras

Que medo!

ás oito da mañá,

que dá algún neno

coa cara embruxada.

Neste cemiterio

hai un esqueleto,

todos sabemos quen é

mais ninguén vai dicir nin che.

Hai algunha cabaza,

que non para de falar,

de tanto aburrimento,

vainos matar.

Tamén hai unhas bruxas,

de pelo louco despeinado,

máis un anano,

entre o profesorado.

Pelo de cogomelo,

serrín de Marín,

peixe atestado,

convértome en Serafín.

Con isto invoco,

a todos os monstros

a subirme a nota un pouco.

Virán os demos,

porque todos xuntos,

podemos!

 

María Rodríguez Mejuto

EVITAR A SANTA COMPAÑA

(CONXURO)

Espíritos dos mortos, alento das meigas,

pelos de gato, bostezo de lerpas.

Pesadelos inimaxinables, esperanzas perdidas,

desexos que xorden, desexos que perigan.

Ingredientes os seguintes, por favor non vos equivocades,…

Se a Santa Compaña temedes,

Primeiro, necesitamos un caldeiro de ouro,

que teña un señor louro.

Engadirlle ollos de demo, caldo de grelo.

En lúa chea, pelos de nena,

mocos de trasno, uñas de gato,

dentes de curuxa, néboa con bruma,

excrementos de xabaril, pluma de fénix ou colibrí,

corno de unicornio, sesos dun cristián morto,

carne de xigante, que a morte este conxuro non agarde.

Os que bebamos este beberaxe,

cando a lúa estea enriba do caldeiro,

en sete segundos beberás a poción.

Se non, o mal de ollo da Santa Compaña non evitarás,

ela aparecerá ante ti nunha noite infernal…

Javier Moya Sánchez