“Kitchen” de Banana Yoshimoto

índiceKitchen foi o primeiro libro da escritora xaponesa Banana Yoshimoto. Con este libro conseguiu darse a coñecer e gañar numerosos premios, converténdose así, nun dos libros máis coñecidos da literatura contemporánea xaponesa. Esta historia moi breve vai acompañada moitas veces doutro relato chamado Moonlight Shadow. A técnica de escritura é fácil de ler e directa. Narra todo o tempo en primeira persoa.

O libro relata a historia dunha rapaza xaponesa que tras a perdida da súa avoa, que era o seu único familiar vivo, múdase a casa de Yuichi, un rapaz da súa facultade. Tras un tempo vivindo alí Mikage, a protagonista, múdase e perde a pista das persoas coas que estivera vivindo uns meses ata que sabe da morte da nai de Yuichi. Tras o reencontro con Yuichi ocórrelles algo inexplicable para os dous.

Os protagonistas son: Mikage, Yuichi e Eriko. Mikage é unha rapaza que se sente moi triste dende a morte de seus pais, pero a morte da súa avoa foi a gota que colmou o vaso, aínda que a morte de Eriko tamén lle afectou moito. Yuichi é un rapaz, dentro do que cabe alegre, que de pequeno tivo que sufrir a perda da súa nai biolóxica, e de maior a morte de súa nai/pai, xa que coa morte de súa nai seu pai xa non se sentía cómodo co seu sexo e cambiouno. Eriko é a nai de Yuichi, e dende o cambio de sexo é unha persoa moi alegre que tenta animar ao seu fillo e que considera a Mikage coma unha filla.

Banana Yosimoto deléitanos cunha novela que representa un bon exemplo de cultura contemporánea xaponesa. Esta novela contén algo do estilo de Haruki Murakami, gran escritor xaponés, pero queda debaixo do nivel deste autor sendo unha lectura máis simple e menos refinada.

O éxito conseguido foi inmediato tras a publicación, o que lle valeu máis de sesenta edicións só en Xapón; aparte dos premios que colleitou: Newcomer Writers Prize en 1987, e o Izumi Kyoka en 1989. Existen dúas películas baseadas na obra.

Este breve relato que transmite tan profundamente os sentimentos de dor e da soidade na perda dun ser querido, cunha linguaxe tan simple e transparente que fai que case estiveras con Mikage no sofá dos Tanabe con esa pesadume. Aínda que non é un estilo que nos guste moito, o drama (da descrición desa perda), a verdade é que o libro gustounos a pesar de todo. Yoshimoto tenta mostrar a saída á dor dunha forma, á miña vista, bastante pobre. De feito gustounos o conto dentro de Kitchen, chamado Moonlight Shadow máis que a historia principal; vémoslle unha estrutura máis fácil de levar e ao ter un certo toque místico ou paranormal faina máis entretida.

                                                     970393     iris

Hugo Martínez Vázquez e Iris Vidal Vázquez (1º BACHARELATO)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


*