CONXUROS GAÑADORES DO SAMAÍN 2017

Outro ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou o concurso de conxuros para festexar o Samaín. O proxecto de centro deste ano é “A paisaxe“, polo que os textos tiñan que esconxurar as forzas do mal que tentan destruír a nosa contorna. Velaquí o resultado, nun ano en que a vaga de lumes impactou o alumnado do IES Neira Vilas, aínda que tamén aparece a preocupación polo mar e polo lixo. Parabéns ás gañadoras de 1º da ESO, Lucía Gestoso, Brenda Franco e Marina Franco.

O LUME DO INFERNO

 

Se as nosas carballeira queremos conservar

e os nosos bosques non se volten queimar

este conxuro tes que recitar.

Furia do demo

fogo do inferno

grande e temeroso

afastade para sempre do noso entorno,

fuxirán as bruxas de acabalo

se non conseguimos apagalo

forzas da terra e do mar

que a chuvia veña

e molle a terra.

Sapos chepudos polos montes escuros

morcegos arrepiantes pola fraga errantes

ratas peludas nas guaridas

píntegas harpías polas augas frías

maldición da Santa Compaña

que os incendios no inferno ardan.

Lucía Gestoso Devesa, 1º ESO A

CONXURO PARA LIMPAR OS NOSOS MARES

Porcallada por alí, porcallada por alá

velo só dan ganas de chorar

mais este conxuro, vaino arranxar.

Pode ser difícil, non cho vou negar

pero coa axuda de todos

vámolo remediar.

Nin bolsas de plástico, nin botellas de cristal

cando rematemos só se vai ver o fermoso coral

nin papeis, nin noxento aluminio,

só quero ver os elegantes golfiños.

Porcallada por alí, porcallada por alá

os nosos mares hai que limpar.

Brenda Franco Vaccaro, 1º ESO A


OS INCENDIOS TERRORÍFICOS

 

Se ves un monte

que está a queimar

chama os bombeiros

e o fume poderán apagar.

Chama e chama,

chama con horror

colle a mangueira

e sopra con temor.

Galicia sempre foi moi bonita…

estes días houbo tan bo tempo

e os espíritos do fume viñeron

e arrebatáronnos o corazón.

Espíritos do fume

axúdanos por favor,

Galicia está quedando moi fea

entre queimaduras e dor.

Marina Franco Molina. 1º ESO A

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*